8/12/10

O SAMAÍN: A MELLOR CABAZA

 
Os nenos e nenas do Equipo de Prensa  eleximos entre todas as cabazas  a que máis nos gustou.  A gañadora  era unha cabaza-araña, con tea e todo.

A Iria, a nena que a realizou, fixémoslle una entrevista.
_Como te chamas?
   Iria Pérez Fernández
_De que curso es?
  4ºB
_Como se che ocorreu facer unha cabaza araña?
 Porque todos os anos queriamos facer unha araña.


_Onde colliches a cabaza?
    A tiña a miña avoa na horta

_Axudouche alguén a facela? Quen?

 Si, a miña nai.


_Canto tempo che levou?


   Moito tempo,unha tarde.




_Que materiais utilizaches para facer a tea de araña?


   Uns ferriños e despois uns fíos de la.


_Onde o conseguiches?


  Xa o tiña na casa.


_E a primeira vez que participas en exposición de Samaín?


   Si.

 
_Que outras cabazas fixeches? ¿Para que?


  Para a casa e regalar a avoa, fixen a bruxa e o morcego.



_Como a trouxeches ata aquí?¿Non foi moi difícil?


  Un pouquiño, vin no autobús pero tiven moito coidado por si rompía.


_Parabéns por tan bo traballo.


 Grazas por ter respondido a todas as preguntas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario