3/12/10

CREAMOS UN EQUIPO DE PRENSA

Neste curso que comeza o equipo de Dinamización da Lingua Galega creou cos alumn@s de 6º curso un grupo de prensa que vos vai informar das diversas actividades que se desenvolvan no colexio .

Ademais da súa labor informativa tamén van levar a cabo un traballo de investigación, polo que vos animamos a participar con eles sempre que vos demanden a vosa axuda.

Todos os seus traballos van ser recollidos nas páxinas deste blog, nas cales podedes facer calquera tipo de comentario e mesmo calquera suxerencia que queirades aportar.

Desexamos que apoiedes este proxecto coa vosa participación activa no blog.

 

CONTAMOS CONVOSCO!!!

Atentamente,

 

Equipo D.L.G.



No hay comentarios:

Publicar un comentario