29/8/12

Este curso escolar, debido a unha serie de acordos internos a nivel de centro non se realizaron actividades extraescolares.
 O equipo de dinamización da Lingua Galega co afán e fin de fomentar o uso do galego propuxo unha serie de actividades  para levar a cabo a nivel de aula en colaboración coa comunidade educativa.

 Actividadesde animación a lectura:

Elaborouse “ A caixa máxica da lectura” onde os nenos/as depositaban libros que traían das súas casas para compartir cos seus compañeiros, deste xeito sempre estaban moi motivados a buscar na caixa o conto que mais lles gustaba.(A caixa máxica decorabana según a estación do ano)


                           

Os nenos e nenas de 4º curso leron e traballaron sobre “A Odisea de Homero” contada aos nenos por Rosa Navarro Durán. Poema épico atribuído a Homero. Crése que foi escrito no século IX a de C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía Asiática). Intentaron representar a casa de Odiseo, a casa dos Feacios, Os compañeiros de Odiseo nas viaxes marítimas, os Deuses intervintes, monstruos e criaturas marabillosas,…
Realizaron murais representativos de distintas escenas, representacións, debuxos ilustrativos, manualidades, ( barco da fotografía) toda unha serie de actividades que representaban a historia narrada.
Imaxes dos traballos realizados sobre a Odisea de Homero.







O alumnado de 4º curso tamén elaborou diarios de aula en lingua galega e algún artigo de opinión para fomentar a linguaxe oral e escrita, co obxectivo de fomentar a expresividade e facilidade para comunicar.





Continuamos coa actividade “ mochila viaxeira


Unha vez máis, coma en cursos anteriores púxose en marcha “A mochila viaxeira”, esta vez foi a nivel de aula. Contiña libros de lectura en lingua galega, CDs con música galega, como así demandaran as familias no curso pasado e o caderno de recollida de opinións e suxerencias. (Destacar que se levou a cabo a impresión e encuadernación do cancioneiro con cancións populares galegas, e ademáis incluímos panxoliñas- con CDs gravados).
Este cancioneiro completo viaxará no vindeiro curso as casas na “Mochila viaxeira”.

Que alegría poder disfrutar do contido da mochila!! 


                     

Continuación do camiño polos libros: “Pasiño a pasiño facemos o camiño…”

Este curso incluíronse na perigrinaxe a nosa biblioteca os nenos/as de primeiro nivel (alumnado chegado ao centro neste curso). Esta actividade continuará no próximo curso, onde completaremos o camiño iniciado, escribindo poesías, citas de libros, refráns,… en Lingua Galega por todo o colexio.


                      
Os nenos e nenas descubriron o mundo dos contos, poesía, aventura … que na biblioteca agachaba a vaca Pepa, mascota da nosa biblioteca.

Realizaronse talleres de poesía, recitados, ...

             

Acompañounos un contacontos para a animación a lectura, financiado pola editorial kalandraca.


Pudo disfrutar desta actividade o 1º ciclo.




              


Porta aberta a oralidade e as novas tecnoloxías       ”A música galega na escola”.

 Panxoliñas populares

Todo o alumnado do colexio participou gravando as panxoliñas que figuran no cancioneiro. Para o próximo curso viaxará o CD coas gravacións, xunto co cancioneiro viaxeiro, nas mochilas viaxeiras as casas dos nenos e nenas, para que podan disfrutar e compartir coas súas familias.




           
Impresión, encadernación e difusión dos cancioneiros.


Cada grupo traballará 2 panxoliñas (cantamos e gravamos).

Feita a selección de cancións recompiladas nos cancioneiros viaxeiros e incluídas as panxoliñas, imprimimos e encadernamos o cancioneiro que viaxará a cada aula e as casas das familias xunto ao CD coas gravacións dos nenos/as.

Encadernamos os cancioneiros , contamos coa colaboración do  conserxe do centro.


                   
Cada grupo traballará 2 panxoliñas (cantamos e gravamos).
Feita a selección de cancións recompiladas nos cancioneiros viaxeiros e incluídas as panxoliñas, imprimimos e encadernamos o cancioneiro que viaxará a cada aula e as casas das familias xunto ao CD coas gravacións dos nenos/as.                  

Grupos galegos.

Co propósito de recuperar a tradición oral galega dende a escola púxemos en marcha un proxecto dende a área de música.

A especialista de música (membro do EDLG) lanzou unha rede a todos os niveis.

Asignou a cada aula un grupo galego, seleccionando así 19 grupos: A Quenlla 3ºA, A Roda1ºB, Berrogüeto 4ºB, Carlos Núñez 1ºC, Cristina Pato 2ºA, Fuxán os ventos 4ºA, Fía na roca 4ºC, Lamatumbá 5ºC, Leilía 2ºB, Luar na Lubre 4ºD, Milladoiro 5ºB, Na Lúa 2ºC, Os Diplomáticos do monte alto 6ºC, Susana Seivane 5ºA, Luis Emilio Batallán 5ºC, Os Cempés 1ºA, Quempallou 6ºB, , Xosé Manuel Budiño 3ºB, Heredeiros da Crus 6ºA.

Repartimos un CD en cada nivel correspondente ao seu grupo, que foron rotando e levando as súas casas para escoitar a música do grupo xunto as súas familias. Tivemos que mercar algúns dos CDs, posto que non dispoñiamos da música de todos os grupos, tamen se fixeron varias gravacións(copias).

Foi un traballo moi gratificante posto que houbo unha gran implicación de todo o profesorado.

A partir de ahí propuxéronse e realizáronse diferentes e variadas actividades. Algunhas destas actividades foron:

- Fichas de traballo a nivel de aula alusivas ao grupo galego que se lles asignara. Coñecer o grupo ou cantante: biografía e discografía.

- Actuacións entre o alumnado de distintos niveis: os mesmos nenos/as presentaron eles os grupos.

 Os alumnos de 6ºA,B,C a 3ºA,B,C


                    de 5ºA,B,C a 2ºA,B,C

                     de 4ºA,B,C,D a 1ºA,B,C

respectivamente, prepararon un tema (do grupo ) para presentarllelo aos do nivel inferior. Interpretaban e cantaban aos seus compañeiros fomentando a oralidade e o gusto pola música galega.

- Actuacións e representacións das danzas e cancións ( unhas acompañadas con pandeiretas e outras coa guitarra).
- Traballar as súas cancións facendo karaokes, bailes, audicións,estudo da letra das cancións, gravacións de voz,…Púxose música durante os recreos dos venres.
- Danzas e baile en cada nivel.

      -       Ficha técnica de cada grupo

- Algúns dos titores/as realizaron actividades de comprensión lectora coas letras das cancións do seu grupo galego.

- Sinalar que era moi interesante traer algún compoñente dalgún grupo dos traballados.
Este obxectivo foi fácil de conseguir xa que un compañeiro, profesor no centro, forma parte dun destes grupos seleccionados. Deste xeito tiveron a sorte de poder aprender e disfrutar desta vivencia e experiencia.
Pudose disfrutar das distintas conmemoracións a nivel de aula e resutaron moi gratificantes para o alumnado.
Samaín/Magosto:

O EDLG propuxo distintas actividades para realizar a nivel de aula, actividades coma, refráns, contos, orixe do samaín,...

Seleccionamos unha serie de páxinas web para que o profesorado traballara nestas datas tan sinaladas a nosa cultura popular.
Exposición de cabazas:

Destacar a colaboración de pais, nais, avós… na decoración das cabazas para a celebración da data mencionada, cabazas que o alumnado compartiu e expuxo nas súas aulas e nivel. Algúns tamén se disfrazaron…



O Nadal. O Apalpador.

Continuamos coa recuperación do Apalpador, traballandoo a nivel de aula. A coordinadora do Barbanza propuxo unha serie de actividades que o equipo puxo a disposición do profesorado. Disfrutamos das historias do Apalpador, lecturas, presentacións, debuxos,…



Así decoraron as portadas dos traballos que levaron polo Nadal para as súas casas(plastilina-barba,boina, papel charol-pipa,bastón…
Día da paz.

Elaboramos unha escolma de páxinas web, con distintas actividades para que os titores traballaran a nivel de aula esta data sinalada e facelo en Lingua Galega.

Elaboramos murais, escribiron mensaxes, cantaron cancións en galego alusivas a data...


 A Candeloria.

O 2 de febreiro celebramos o día da Candeloria a nivel de aula. Os titores que participaron, comentaron como se recordaba e celebraba este día, da importancia que tiña, de refráns que aluden as datas,… os nenos/as escribiron notas de cariño e amor en lingua galega. As pegatinas que se diseñaran a nivel da coordinadora, no noso colexio démoslles forma e elaboramos marcapáxinas, que logo decoraron e plastificaron.
Entroido

No entroido enviamos información de páxinas web para que o profesorado tivese recursos para traballar esta data. Traballouse a nivel de aula a variedade e elaboración de pratos típicos do entroido coma: orellas, roscas,biscoitos... (colaboran as familias aportando receitas)

Os nenos e nenas disfrazáronse libremente elaborando eles mesmos os seus antifaces.



            




Continuamos coa ampliación da exposición fotografica de faros de Galicia, contando historias, lendas, e elaborando a ficha técnica de cada un deles.
Este curso traballamos: O faro da Illa Pancha, faro cabo Silleiro, cabo Ortegal, cabo Prior, cabo Estaca de Bares.
Illa Pancha Cabo Prior
Exposición dos faros traballados
Tamén colorearon faros na área de Plástica así coma estiveron informados das noticias sobre eles.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario