14/12/12

O magosto na escola


A ANPA do noso centro non quixo pasar por alto a celebración do  magosto.

Este curso organizou xunto a coordinadora de actividades complementarias/extraescolares  e profesorado colaborador distintas actividades para a citada data.

Non podía faltar as cancións típicas do magosto (en  lingua galega) que se organizarón dende o EDLG xunto a profesora de música.Todo o alumnado do  primeiro ciclo participou cantando distintas cancións. Foron acompañadas de instrumentos (pandeireta e guitarra) tocados por mestres voluntarios do centro.


Todos os nenos/as dos demais ciclos realizaron talleres coordinados por nais/pais e mestras/es, foi un evento inolvidabel!!!


                                      Así traballaban nos talleres tirados no chan....confeccionando os bolsos para recoller as castañas asadas.












   Tamén asaron e comeron as castañas.






Na aula traballaron sobre a orixen do magosto, a súa celebración, refráns, adiviñas, contos,...






Como disfrutaron!!!!   Collage  distintas fotos de fotos que recollen o mencionado  evento.


7/12/12

Ollos de aula- revista mensual


 Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.
Está pensada como unha ferramenta máis de apoio ao traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega  coa vontade de se dirixir a toda a comunidade educativa e moi especialmente ás familias, un piar fundamental na formación do noso alumnado e mais na extensión de usos do noso idioma.


Descarga directa: http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=ollosdeaula/ollosdeaula.html


No noso centro estará exposta no taboeiro da lingua cada mes do curso escolar para que a comunidade educativa a teña a súa disposición.

19/10/12

Somos protagonistas do noso conto

           
                Este ano....  !!!!               " PARAÍSO DE CINEMA E CONTO"

Comenza o curso!! e con el un gran entusiasmo e ganas de colaborar, participar,... deste xeito os equipos de Biblioteca e Normalización inician un gran proxecto.
" Paraíso de cinema e conto" será o eixe transversal, entorno o cal xirarán distintas actividades a realizar.
Comezaremos cambiando a imaxe do centro, cubrindo as súas paredes simulando fotogramas, este será o modo de que todos os membros do colexio vaian mudando as distintas esceas do propio filme no que  se verán sumidos nunha historia por descubrir, sendo protagonistas, guionistas e ata directores.
                      
A vaca pepa visita as aulas para entregar entradas para ir ao cine, aos nenos/as.





Os nenos e nenas son obsequiados  pola  vaca Pepa (mascota  da biblioteca) cunha entrada de cine que poderan canxear por un conto.


Estan  todos contentos esperando o seu agasallo!!!


Este é o noso taboeiro da Lingua onde iremos colgando as  novas... durante todo o curso( revista ollos de aula, cursiños, convocatorias, reunións, distintas actividades a realizar, películas,...).



En  Bandaseca  Chegou  o  Samaín !!!!!!!




"Samaín enmeigado en Bandaseca ..."                                                                                          

Esta bruxa ... está en   Bandaseca  cun grupo de alumnos dispostos a poñer en escena o seu conto  que previamente compuxeron, escribiron, pintaron, ...  Chegan con  gran entusiasmo e coma verdadeiros actores, ....  Que fermosos/as están !!!


Son nenos e nenas de 6º curso.
Poñerán en escena o conto para o segundo curso de primaria.


Que atentos están... ao rematar proxectouse tamén o conto de "corre corre cabaciña"

 

Tamén houbo agasallos para todos/as. Si ... uns agasallos moi especiais!!!! que se entregaron ao finalizar o feitizo.O pequeno conto representado e vivido polos nenos/as ""Samaín enmeigado en Bandaseca".




Leron e colorearon o seu conto que posteriormente levaron para as súas casas.





Tampouco faltou no samaín as cabazas que decoraron coa colaboración das  suas  familias. Quedaron así de chulas!!!


 

29/8/12

Concurso Literario "Esther Dourado" I certame literario

Participamos no concurso literario “Esther DouradoI Certame Literario, organizado polo CEP Pilar Maestu Sierra.


Alumnado do noso centro participou no concurso literario, I certame literario “Esther Dourado”a nivel de toda a comarca do Barbanza.

O tema era libre, e tiña que ser feito en galego.

Así mesmo formamos parte do xurado, xunto ao profesorado do colexio Pilar Maestu.

Unha alumna de 6º curso: Alba Muñiz Rial foi gañadora do 1º premio na súa modalidade, co seu conto “Contos de aquí e alí”. ( 60 euros en material escolar ou material de deporte.)

Parabéns para Alba.



LETRAS GALEGAS (2011-2012)

Celebración da Semana cultural das Letras Galega

 Recompilación de información e material sobre vida e obra do autor homenaxeado:

                                                                           VALENTIN PAZ ANDRADE.


Fíxose unha exposición da súa vida e obra, na entrada de cada edificio, onde se intentaba reflexar a súa figura:
A súa caricatura,
Un bocexo do seu xornal GALICIA con novas do alumnado do noso centro,
O barco no cal se mostraba o seu carisma polifacético (avogado, poeta, político, empresario…)
“NOVA” andaba de pesca.
Fixeron poesías, un cómic da súa vida e obra elaborado polo alumnado de 5º nivel, participando os máis pequenos dandolle color, sopas de letras, fichas de traballo, ….



               


Caricatura de Valentín Paz Andrade,  NOVA vai de PESCA

Así quedaron os murais nos dous edificios do noso centro (decorouse as entradas dos dous edificios de que consta o noso centro)

O xornal “GALICIA” recolle novas do alumnado do colexio.

Tríptico enviado ás familias (vida e obra).

Os nenos e nenas do 5º nivel presentaron a súa vida en formato cómic.

Foi un traballo moi intenso posto que requeriu documentarse sobre o autor ( libro Valentin Paz, internet, folletos informativos,…) posteriormente elaboráronse unhas fichas de traballo onde se narraba un fragamento da súa vida e logo se pedía descrición da viñeta e diálogos con textos de apoio) Tamén se explicou con detalle a técnica do cómic ( seccións bilingües: plástica )

Celebrouse un concurso para o día das Letras Galegas.

Coa intención de fomentar o galego e as novas tecnoloxías. O alumnado do segundo e terceiro ciclo, participou en dito concurso.
Consistía en buscar información por vía internet a unha serie de preguntas formuladas en torno a vida e obra do autor homenaxeado, así coma a referente a outros autores homenaxeados en anos anteriores. (Estivo coordinado polo equipo de Biblioteca).

                                  
Todo o alumnado e profesorado traballou intensamente para a conmemoracion destas datas. Recitaronse poemas, realizaron diversas actividades Lim so bre a vida e obra do autor, elaboraron e colorearon as viñetas que representaban a vida e obra do autor, participaron en concursos literarios, fixeron danzas,…,
Enviamos as casas un tríptico, alusivo a obra do autor homenaxeado (colaboración coa coordinadora do Barbanza).
Continuamos coa galeguización das dependencias do Centro.

Este curso asínaselle o nome de Valentín Paz Andrade a aula de 5º A, autor homenaxeado nas Letras Galegas no ano 2012.
 Valentin Paz Andrade -------- Aula de 5º A

                          

Cadro dedicado a Valentín Paz Andrade colocouse na entrada da aula de 5º A.



A MÚSICA GALEGA NA ESCOLA

Festa     FIN DE CURSO

"A MÚSICA GALEGA NA ESCOLA"

O día 22 de xuño toda a comunidade educativa disfrutou coa música galega. Todo o alumnado participou bailando e cantando pezas dos grupos mencionados.


Así 1º nivel bailou  "Lévame" do grupo a Roda.

2º  nivel bailou "O Peliqueiro" do grupo Na Lúa.

3º nivel bailou a ritmo de "Rumboia" do grupo a Quenlla.

4º nivel bailou "O Afiadore" de Fuxán os Ventos e cantaron a canción  El Pozo de Arán,  de Carlos Núñez.

5º nivel bailou a ritmo de vals "O Valseiro" de Berrogüeto.

6º nivel bailou "Quempallou" e cantaron unha canción do grupo Os Diplomáticos de monte alto.

Non podían faltar as Pandereteiras que amenizaron as cancións tan coñecidas: Chorei, chorei e A Palmira. Tamen algúns profesores bailaron  A Muñeira do Areal  do grupo musical Milladoiro.

Foi unha festa inesquecible, onde todos/as pudemos disfrutar da música galega.


                  




Así se baila!!!!!!!!!!!!!!!!

              



Participamos todos e todas.


                          


Así disfrutamos da música galega e das danzas.









Este curso escolar, debido a unha serie de acordos internos a nivel de centro non se realizaron actividades extraescolares.
 O equipo de dinamización da Lingua Galega co afán e fin de fomentar o uso do galego propuxo unha serie de actividades  para levar a cabo a nivel de aula en colaboración coa comunidade educativa.

 Actividadesde animación a lectura:

Elaborouse “ A caixa máxica da lectura” onde os nenos/as depositaban libros que traían das súas casas para compartir cos seus compañeiros, deste xeito sempre estaban moi motivados a buscar na caixa o conto que mais lles gustaba.(A caixa máxica decorabana según a estación do ano)


                           

Os nenos e nenas de 4º curso leron e traballaron sobre “A Odisea de Homero” contada aos nenos por Rosa Navarro Durán. Poema épico atribuído a Homero. Crése que foi escrito no século IX a de C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía Asiática). Intentaron representar a casa de Odiseo, a casa dos Feacios, Os compañeiros de Odiseo nas viaxes marítimas, os Deuses intervintes, monstruos e criaturas marabillosas,…
Realizaron murais representativos de distintas escenas, representacións, debuxos ilustrativos, manualidades, ( barco da fotografía) toda unha serie de actividades que representaban a historia narrada.
Imaxes dos traballos realizados sobre a Odisea de Homero.







O alumnado de 4º curso tamén elaborou diarios de aula en lingua galega e algún artigo de opinión para fomentar a linguaxe oral e escrita, co obxectivo de fomentar a expresividade e facilidade para comunicar.





Continuamos coa actividade “ mochila viaxeira


Unha vez máis, coma en cursos anteriores púxose en marcha “A mochila viaxeira”, esta vez foi a nivel de aula. Contiña libros de lectura en lingua galega, CDs con música galega, como así demandaran as familias no curso pasado e o caderno de recollida de opinións e suxerencias. (Destacar que se levou a cabo a impresión e encuadernación do cancioneiro con cancións populares galegas, e ademáis incluímos panxoliñas- con CDs gravados).
Este cancioneiro completo viaxará no vindeiro curso as casas na “Mochila viaxeira”.

Que alegría poder disfrutar do contido da mochila!! 


                     

Continuación do camiño polos libros: “Pasiño a pasiño facemos o camiño…”

Este curso incluíronse na perigrinaxe a nosa biblioteca os nenos/as de primeiro nivel (alumnado chegado ao centro neste curso). Esta actividade continuará no próximo curso, onde completaremos o camiño iniciado, escribindo poesías, citas de libros, refráns,… en Lingua Galega por todo o colexio.


                      
Os nenos e nenas descubriron o mundo dos contos, poesía, aventura … que na biblioteca agachaba a vaca Pepa, mascota da nosa biblioteca.

Realizaronse talleres de poesía, recitados, ...

             

Acompañounos un contacontos para a animación a lectura, financiado pola editorial kalandraca.


Pudo disfrutar desta actividade o 1º ciclo.




              


Porta aberta a oralidade e as novas tecnoloxías       ”A música galega na escola”.

 Panxoliñas populares

Todo o alumnado do colexio participou gravando as panxoliñas que figuran no cancioneiro. Para o próximo curso viaxará o CD coas gravacións, xunto co cancioneiro viaxeiro, nas mochilas viaxeiras as casas dos nenos e nenas, para que podan disfrutar e compartir coas súas familias.




           
Impresión, encadernación e difusión dos cancioneiros.


Cada grupo traballará 2 panxoliñas (cantamos e gravamos).

Feita a selección de cancións recompiladas nos cancioneiros viaxeiros e incluídas as panxoliñas, imprimimos e encadernamos o cancioneiro que viaxará a cada aula e as casas das familias xunto ao CD coas gravacións dos nenos/as.

Encadernamos os cancioneiros , contamos coa colaboración do  conserxe do centro.


                   
Cada grupo traballará 2 panxoliñas (cantamos e gravamos).
Feita a selección de cancións recompiladas nos cancioneiros viaxeiros e incluídas as panxoliñas, imprimimos e encadernamos o cancioneiro que viaxará a cada aula e as casas das familias xunto ao CD coas gravacións dos nenos/as.                  

Grupos galegos.

Co propósito de recuperar a tradición oral galega dende a escola púxemos en marcha un proxecto dende a área de música.

A especialista de música (membro do EDLG) lanzou unha rede a todos os niveis.

Asignou a cada aula un grupo galego, seleccionando así 19 grupos: A Quenlla 3ºA, A Roda1ºB, Berrogüeto 4ºB, Carlos Núñez 1ºC, Cristina Pato 2ºA, Fuxán os ventos 4ºA, Fía na roca 4ºC, Lamatumbá 5ºC, Leilía 2ºB, Luar na Lubre 4ºD, Milladoiro 5ºB, Na Lúa 2ºC, Os Diplomáticos do monte alto 6ºC, Susana Seivane 5ºA, Luis Emilio Batallán 5ºC, Os Cempés 1ºA, Quempallou 6ºB, , Xosé Manuel Budiño 3ºB, Heredeiros da Crus 6ºA.

Repartimos un CD en cada nivel correspondente ao seu grupo, que foron rotando e levando as súas casas para escoitar a música do grupo xunto as súas familias. Tivemos que mercar algúns dos CDs, posto que non dispoñiamos da música de todos os grupos, tamen se fixeron varias gravacións(copias).

Foi un traballo moi gratificante posto que houbo unha gran implicación de todo o profesorado.

A partir de ahí propuxéronse e realizáronse diferentes e variadas actividades. Algunhas destas actividades foron:

- Fichas de traballo a nivel de aula alusivas ao grupo galego que se lles asignara. Coñecer o grupo ou cantante: biografía e discografía.

- Actuacións entre o alumnado de distintos niveis: os mesmos nenos/as presentaron eles os grupos.

 Os alumnos de 6ºA,B,C a 3ºA,B,C


                    de 5ºA,B,C a 2ºA,B,C

                     de 4ºA,B,C,D a 1ºA,B,C

respectivamente, prepararon un tema (do grupo ) para presentarllelo aos do nivel inferior. Interpretaban e cantaban aos seus compañeiros fomentando a oralidade e o gusto pola música galega.

- Actuacións e representacións das danzas e cancións ( unhas acompañadas con pandeiretas e outras coa guitarra).
- Traballar as súas cancións facendo karaokes, bailes, audicións,estudo da letra das cancións, gravacións de voz,…Púxose música durante os recreos dos venres.
- Danzas e baile en cada nivel.

      -       Ficha técnica de cada grupo

- Algúns dos titores/as realizaron actividades de comprensión lectora coas letras das cancións do seu grupo galego.

- Sinalar que era moi interesante traer algún compoñente dalgún grupo dos traballados.
Este obxectivo foi fácil de conseguir xa que un compañeiro, profesor no centro, forma parte dun destes grupos seleccionados. Deste xeito tiveron a sorte de poder aprender e disfrutar desta vivencia e experiencia.
Pudose disfrutar das distintas conmemoracións a nivel de aula e resutaron moi gratificantes para o alumnado.
Samaín/Magosto:

O EDLG propuxo distintas actividades para realizar a nivel de aula, actividades coma, refráns, contos, orixe do samaín,...

Seleccionamos unha serie de páxinas web para que o profesorado traballara nestas datas tan sinaladas a nosa cultura popular.
Exposición de cabazas:

Destacar a colaboración de pais, nais, avós… na decoración das cabazas para a celebración da data mencionada, cabazas que o alumnado compartiu e expuxo nas súas aulas e nivel. Algúns tamén se disfrazaron…



O Nadal. O Apalpador.

Continuamos coa recuperación do Apalpador, traballandoo a nivel de aula. A coordinadora do Barbanza propuxo unha serie de actividades que o equipo puxo a disposición do profesorado. Disfrutamos das historias do Apalpador, lecturas, presentacións, debuxos,…



Así decoraron as portadas dos traballos que levaron polo Nadal para as súas casas(plastilina-barba,boina, papel charol-pipa,bastón…
Día da paz.

Elaboramos unha escolma de páxinas web, con distintas actividades para que os titores traballaran a nivel de aula esta data sinalada e facelo en Lingua Galega.

Elaboramos murais, escribiron mensaxes, cantaron cancións en galego alusivas a data...


 A Candeloria.

O 2 de febreiro celebramos o día da Candeloria a nivel de aula. Os titores que participaron, comentaron como se recordaba e celebraba este día, da importancia que tiña, de refráns que aluden as datas,… os nenos/as escribiron notas de cariño e amor en lingua galega. As pegatinas que se diseñaran a nivel da coordinadora, no noso colexio démoslles forma e elaboramos marcapáxinas, que logo decoraron e plastificaron.
Entroido

No entroido enviamos información de páxinas web para que o profesorado tivese recursos para traballar esta data. Traballouse a nivel de aula a variedade e elaboración de pratos típicos do entroido coma: orellas, roscas,biscoitos... (colaboran as familias aportando receitas)

Os nenos e nenas disfrazáronse libremente elaborando eles mesmos os seus antifaces.



            




Continuamos coa ampliación da exposición fotografica de faros de Galicia, contando historias, lendas, e elaborando a ficha técnica de cada un deles.
Este curso traballamos: O faro da Illa Pancha, faro cabo Silleiro, cabo Ortegal, cabo Prior, cabo Estaca de Bares.
Illa Pancha Cabo Prior
Exposición dos faros traballados
Tamén colorearon faros na área de Plástica así coma estiveron informados das noticias sobre eles.