4/4/14

Entroido

Este ano o entroido xira entorno ao proxecto común  do cole "Navegando por un mundo de emocións", e como non, decoramos o cole con caretas do mundo,  co lema "Entroido do Mundo" sendo este o resultado.
























Este ano disfrazámonos 1º de Chinos, 2º de Exipcios, 3º de Indios, 4º de Mexicanos,5º de Africanos e 6º de Hindús. Pasámolo moi ben. Primeiro fixemos un pasacalles por Pobra e cando chegamos ao cole tivemos degustación de doces típicos do entroido,e este foi o resultado:


1/2/14

Para o día da Paz decoramos os centros con mapas do mundo nos que aparecen os países que están en guerra ou en conflicto. Tamén escribimos a palabra PAZ con puntos de unión nos que aparecen os nomes dos países que actualmente están en guerra ou en conflicto.




O venres 30, os nenos e nenas saíron ao patio cuberto e alí cantaron cancións en galego e en inglés. Logo cada ciclo constrúeu o seu muro da Paz, e así quedaron.





10/12/13

Xa chegou o Nadal e con el o Apalpador.  O vello Apalpador, ou  Pandegueiro é unha figura lendaria
galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Estos foron os Apalpadores que fixemos este ano no colexio:




Ademais mirade que ben quedaron o Apalpador e Papá Noel, dous calendarios de advento nos que os nenos cada día lle daban a volta ao día correspondente e alí estaban os desexos que os nenos elixiron.    




29/11/13

Para o día da Non Violencia decoramos o centro con mariposas.


13/11/13

Hoxe foi un día moi especial, pois celebrouse o Día da Ciencia en Galego. O alumnado participante foi o de 3º ciclo. Estivo moi ben ver a videoconferencia de Marilar Aleixandre na biblioteca, ver a súa explicación e a presentación da súa exposición.








12/11/13

O luns pola tarde celebramos O Magosto. Foi unha tarde moi especial. Colaboramos mestres e pais. A ANPA organizaou unhas actividades moi divertidas, unha para cada ciclo. Cando os nenos e nenas remataron tocou ir comer as castañas.








30/10/13

Como ben sabedes está a chegar o Samaín. Decoramos os dous centros e este foi o resultado:






Os nenos e nenas trouxeron as cabazas decoradas da casa. As cabazas expuxéronse polas entradas e pasillos dos dous edificios e mirade que ben fermosas quedaron.








O mércores 30, pola mañá, ao entrar os nenos e nenas no colexio leváronse unha grande sorpresa ao ver as cabazas acendidas, coa canción "Tumba que Tumba" de Mamá Cabra e claro está o colexio medio a escuras.