10/12/13

Xa chegou o Nadal e con el o Apalpador.  O vello Apalpador, ou  Pandegueiro é unha figura lendaria
galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Estos foron os Apalpadores que fixemos este ano no colexio:




Ademais mirade que ben quedaron o Apalpador e Papá Noel, dous calendarios de advento nos que os nenos cada día lle daban a volta ao día correspondente e alí estaban os desexos que os nenos elixiron.    




29/11/13

Para o día da Non Violencia decoramos o centro con mariposas.


13/11/13

Hoxe foi un día moi especial, pois celebrouse o Día da Ciencia en Galego. O alumnado participante foi o de 3º ciclo. Estivo moi ben ver a videoconferencia de Marilar Aleixandre na biblioteca, ver a súa explicación e a presentación da súa exposición.








12/11/13

O luns pola tarde celebramos O Magosto. Foi unha tarde moi especial. Colaboramos mestres e pais. A ANPA organizaou unhas actividades moi divertidas, unha para cada ciclo. Cando os nenos e nenas remataron tocou ir comer as castañas.








30/10/13

Como ben sabedes está a chegar o Samaín. Decoramos os dous centros e este foi o resultado:






Os nenos e nenas trouxeron as cabazas decoradas da casa. As cabazas expuxéronse polas entradas e pasillos dos dous edificios e mirade que ben fermosas quedaron.








O mércores 30, pola mañá, ao entrar os nenos e nenas no colexio leváronse unha grande sorpresa ao ver as cabazas acendidas, coa canción "Tumba que Tumba" de Mamá Cabra e claro está o colexio medio a escuras.













9/10/13

Empezamos o novo curso e este ano traballamos no Proxecto común "Viaxando por un mundo de emocións". A Vaca Pepa preséntanos ao seu fillo e comeza a súa viaxe, saíndo da biblioteca do colexio, no seu barco Salustianic.Son moitos os continentes e países que ten que visitar: España, Austria, Alemaña, Rusia, Noruega, Suecia, Finlandia, Oriente Medio, América, Exipto, Etiopía, Sudáfrica, China, India, Australia, Grecia, Italia e volve a España.

Empezamos, entón, esta viaxe todos xuntos traballando distintas emocións e valores e como non coñecendo os costumes, festas, monumentos, ...

27/5/13

ARCO DA VELLA E DAS FACIANAS GALEGAS

Dende 1963 ata 3013 un percorrido polo arco da Letras... celebramos o 50 aniversario das facianas homenaxeadas polo Día das Letras Galegas.