Para o día da Non Violencia decoramos o centro con mariposas.
29/11/13
13/11/13
12/11/13
30/10/13
Como ben sabedes está a chegar o Samaín. Decoramos os dous centros e este foi o resultado:
Os nenos e nenas trouxeron as cabazas decoradas da casa. As cabazas expuxéronse polas entradas e pasillos dos dous edificios e mirade que ben fermosas quedaron.
O mércores 30, pola mañá, ao entrar os nenos e nenas no colexio leváronse unha grande sorpresa ao ver as cabazas acendidas, coa canción "Tumba que Tumba" de Mamá Cabra e claro está o colexio medio a escuras.
Os nenos e nenas trouxeron as cabazas decoradas da casa. As cabazas expuxéronse polas entradas e pasillos dos dous edificios e mirade que ben fermosas quedaron.
O mércores 30, pola mañá, ao entrar os nenos e nenas no colexio leváronse unha grande sorpresa ao ver as cabazas acendidas, coa canción "Tumba que Tumba" de Mamá Cabra e claro está o colexio medio a escuras.
9/10/13
Empezamos o novo curso e este ano traballamos no Proxecto común "Viaxando por un mundo de emocións". A Vaca Pepa preséntanos ao seu fillo e comeza a súa viaxe, saíndo da biblioteca do colexio, no seu barco Salustianic.Son moitos os continentes e países que ten que visitar: España, Austria, Alemaña, Rusia, Noruega, Suecia, Finlandia, Oriente Medio, América, Exipto, Etiopía, Sudáfrica, China, India, Australia, Grecia, Italia e volve a España.
Empezamos, entón, esta viaxe todos xuntos traballando distintas emocións e valores e como non coñecendo os costumes, festas, monumentos, ...
Empezamos, entón, esta viaxe todos xuntos traballando distintas emocións e valores e como non coñecendo os costumes, festas, monumentos, ...
27/5/13
ARCO DA VELLA E DAS FACIANAS GALEGAS
Dende 1963 ata 3013 un percorrido polo arco da Letras... celebramos o 50 aniversario das facianas homenaxeadas polo Día das Letras Galegas.
18/5/13
PRIMEIRA ROMARIA DAS LETRAS GALEGAS !!!!
NO 2013, ano de ROBERTO VIDAL BOLAÑO e 150 aniversario de "Cantares Galegos"
obra de ROSALÍA DE CASTRO, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Coordinadora de
Extraescolares, a ANPA, pais, nais, mestres,... quixeron que a conmemoración do DÍA DAS LETRAS
GALEGAS fose moi especial para toda a comunidade educativa do CEP Salustiano Rey Eiras, polo que
organizaron a ROMERÍA DAS LETRAS.
Foi un día moi especial...
Aquí temos un enlace para ver algunhas fotos, da romería e algún dos videos: interpretación do himno galego, pandereteiras e como ía faltar... a poesía de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes".
Tamén atoparedes imaxes da preparación da romería, da súa decoración, postos, tendas, as fotos que fixeron os nenos e nenas do cole no obradoiro de fotografía (gaiteiros e romeiros) e moitas ... sorpresas!!!
Enlace ao obradoiro de fotografía. (fotos das caras dos nenos)
A ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS foi unha actividade que se celebrou por primeira vez no CEP Salustiano Rey Eiras. Era moita a ilusión e dedicación que requería, pero o noso obxectivo era acercar a cultura galega e o folklore a escola, polo que nos puxemos a traballar.
O 16 de maio foi o día elexido para a celebración deste evento e así se anunciaba...
O programa estaba moi completo: a primeira hora había actuacións (recitado da poesía de Rosalía de
Castro "Adiós ríos,adiós fontes", pandereteiras "O Pirimpinpin", Himno galego,... logo pasaríamos a xogos
populares, visita a feira, obradoiros, globoflexía,... pero o mal estado do tempo impediu que se celebrasen
os xogos populares. Pero a pesar da choiva... a máxia e a ilusión de toda a comunidade educativa fixo que
fose un día inesquecible!!!
Tamén viñeron os mariñeiros a ensinarnos as súas artes... mirade que chuli está o posto, como se esmeraron na súa decoración os nosos profes.
| Cadro mariñeiro |
| Como traballan os mariñeiros... |
| Así se fía!!! |
Asociación Ambar con cestería e encadernación.
ASI O PASARON DE BEN EN GLOBOFLEXÍA!!!
Despois de visitar e disfrutar das actividades e obradoiros ... Todos e todas a merendar !!!!
E non podían faltar os GAITEIROS!!! que estiveron con todos e tamén na despedida do día da ROMÉRÍA!!!
Eh... ata o vindeiro ano!!!!
AGRADECEMENTO A TODOS OS QUE NOS PRESTASTES A VOSA AXUDA.
EDLG (2012-2013).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















