Coma sempre profes e alumn@s fomos disfrazad@s nestre Entroido 2011. O tema foi xogos de mesa. Os disfraces foron moi variados: twister, dominó, parchís, damas, palillos chinos, cartas e o xogo de quen é quen?.
Desfilamos polas rúas da Pobra e cando volvemos ao colexio pudemos disfrutar dos bailes feitos polos alumn@s. Tamén degustamos postres típicos do entroido feitos polos pais/nais: orellas,rosquillas,filloas
flores... Tamén representaron o xogo das damas bailaron e cantaron. Un día moi divertido!
23/2/11
EDUCACIÓN DEPORTE E VALORES
O venres 18 de febreiro inaugurouse a exposición "Educación, Deporte e Valores". Asistiron os secretarios xerais para o deporte, José Ramón Lete, e de Politica Lingüística Anxo M. Lorenzo Suarez.
O equipo de prensa do colexio, fixo unha ampla reportaxe fotográfica.
Fotos: https://picasaweb.google.com/jdelgadomarco/Deporte02#
O equipo de prensa do colexio, fixo unha ampla reportaxe fotográfica.
Fotos: https://picasaweb.google.com/jdelgadomarco/Deporte02#
7/2/11
SAÍMOS NA VOZ DE GALICIA
Coa conmemoración do día da PAZ e NON VIOLENCIA ESCOLAR o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animou a que o alumnado participara expresando os seus desexos e reflexións, en forma de carta, poesía,...
Posteriormente publicaronse na prensa. Dende aquí queremos agradecer a participación de todos os que o fixeron posible e o apoio do xornal que publicou os traballos.
Grazas a todos e seguide intentando que a paz sexa máis que bos desexos!
Posteriormente publicaronse na prensa. Dende aquí queremos agradecer a participación de todos os que o fixeron posible e o apoio do xornal que publicou os traballos.
Grazas a todos e seguide intentando que a paz sexa máis que bos desexos!
31/1/11
O EQUIPO DE PRENSA NO FESTIVAL DE NADAL
Despois de comer un delicioso roscón nas clases, os nen@s de 1º,2º,3º,5ºA e 6ºB participaron nun festival que se celebrou no ximnasio cantando panxoliñas e que foi presentado por un neno e unha nena do equipo de prensa de 6ºB.
O EQUIPO DE PRENSA NO NADAL
Todos os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria entregan a súa carta ao paxe.
DOUS NEN@S DE 6ºC FIXERON UNHA ENTREVISTA AO PAXE.
PREGUNTÁRONLLE:
NENO: Gústache repartir agasallos?
PAXE: Eu non reparto agasallos quen os reparte son os Reis Magos.
NENO: Que é o que máis che sorprende dos nen@s?
PAXE: O que máis me sorprende é o entusiasmo que teñen.
NENO: Cómo se portaron hoxe os nen@s?
PAXE: Os nen@s pórtaronse moi, moi ben.
NENO: Cómo son os Reis?
PAXE: Son moi simpáticos.
NENO: Os Reis leen todas as cartas?
PAXE: Si leen todas todas unha a unha para que todos reciban os seus agasallos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










