31/1/11

O EQUIPO DE PRENSA NO FESTIVAL DE NADAL


Despois de comer un delicioso roscón nas clases, os nen@s de 1º,2º,3º,5ºA e 6ºB participaron nun festival que se celebrou no ximnasio cantando panxoliñas e que foi presentado por un neno e unha nena do equipo de prensa de 6ºB.

O EQUIPO DE PRENSA NO NADAL


                               Todos os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria entregan a súa carta ao paxe.

                      DOUS NEN@S DE 6ºC FIXERON UNHA ENTREVISTA AO PAXE.

                      PREGUNTÁRONLLE:

                     NENO:  Gústache repartir agasallos?

                     PAXE:   Eu non reparto agasallos quen os reparte son os Reis Magos.

                     NENO: Que é o que máis che sorprende dos nen@s?

                     PAXE:   O que máis me sorprende é o entusiasmo que teñen.
     
                     NENO:  Cómo se portaron hoxe os nen@s?

                     PAXE:  Os nen@s pórtaronse moi, moi ben.

                     NENO: Cómo son os Reis?

                     PAXE: Son moi simpáticos.

                     NENO: Os Reis leen todas as cartas?

                    PAXE: Si leen todas todas unha a unha para que todos reciban os seus agasallos.

NO SALUSTIANO CONSTRUÍMOS A PAZ



 










25/12/10

O EQUIPO DE PRENSA FAI ENTREVISTA Á VACA PEPA

Aquí tedes o vídeo da entrevista á vaca Pepa que fixeron dous nen@s do equipo de prensa do colexio.

O EQUIPO DE PRENSA COS NEN@S DE TERCEIRO

O 7 de novembro do 2010, os nen@s de terceiro foron á biblioteca e alí recibiron unha carta da vaca Pepa. Na carta, a vaca explicoulles que é a mascota da biblioteca do colexio, que fixo o camiño de Santiago e encontrouxe cos Bolechas. Tamén lles avisou que na biblioteca hai libros expostos do camiño e que de cada libro que lean lles dan un selo. Se reúnen dez selos lles dan un regaliño
Ao final, todos os nen@s de terceiro recibiron un puzzle para colorear e recortar que lles deixou a vaca Pepa de agasallo.