25/12/10
O EQUIPO DE PRENSA FAI ENTREVISTA Á VACA PEPA
Aquí tedes o vídeo da entrevista á vaca Pepa que fixeron dous nen@s do equipo de prensa do colexio.
O EQUIPO DE PRENSA COS NEN@S DE TERCEIRO
O 7 de novembro do 2010, os nen@s de terceiro foron á biblioteca e alí recibiron unha carta da vaca Pepa. Na carta, a vaca explicoulles que é a mascota da biblioteca do colexio, que fixo o camiño de Santiago e encontrouxe cos Bolechas. Tamén lles avisou que na biblioteca hai libros expostos do camiño e que de cada libro que lean lles dan un selo. Se reúnen dez selos lles dan un regaliño
Ao final, todos os nen@s de terceiro recibiron un puzzle para colorear e recortar que lles deixou a vaca Pepa de agasallo.
O EQUIPO DE PRENSA COS NEN@S DE SEGUNDO
Os nenos e nenas de 2º nivel foron a Biblioteca buscar a vaca Pepa,
mascota da nosa Biblioteca.
A vaca Pepa marchou nas vacacións facer o camiño de Santiago e a buscar
moitos, moitos... libros.
Algunhas das poesías decían así:
A vaca Pepa vai por un sendeiro A vaca Pepa vai no Courel
buscando queixo do Cebreiro. a buscar mel.
O peregrino Serafín A vaca Pepa vai por Arzúa
atopou a vaca Pepa mirando para a lúa.
en Portomarín.
A vaca Pepa estará e Fonfría Esta nevando
comendo unha sandía. e a vaca Pepa,camiñando.
O EQUIPO DE PRENSA NA BIBLIOTECA
O 5-11-10, o equipo de prensa foi ver como a vaca Pepa contou contos aos nen@s de primeiro. Estiveron intrigados e pasmados. Cando a vaca lles dixo que ía a contar unha historia espeluznante todos comezaron a berrar e a berrar. A vaca Pepa doulles un susto a todos.
22/12/10
NADAL NATURAL 2010
Os equipos de Medio Ambiente e Dinamización da Lingua Galega organizaron o concurso do Nadal Natural "cartel e lema".
Participaron nenos e nenas de todos os ciclos facendo un debuxo para sensibilizar do coidado ao medio ambiente e escribindo un lema aluxivo ao debuxo.
Os debuxos espuxéronse nos taboleiros do colexio e foron votados por todos os nenos e nenas, dos lemas que entregaron elexiuse o do cartel.
Entre os gañadores seleccionuse o cartel e as felicitacións do Nadal para cada ciclo.
Outros debuxos dos máis votados.
Participaron nenos e nenas de todos os ciclos facendo un debuxo para sensibilizar do coidado ao medio ambiente e escribindo un lema aluxivo ao debuxo.
Os debuxos espuxéronse nos taboleiros do colexio e foron votados por todos os nenos e nenas, dos lemas que entregaron elexiuse o do cartel.
Entre os gañadores seleccionuse o cartel e as felicitacións do Nadal para cada ciclo.
CARTEL
FELICITACIÓN 1º CICLO
FELICITACIÓN 2º CICLO
FELICITACIÓN 3º CICLO
Outros debuxos dos máis votados.

17/12/10
8/12/10
O SAMAÍN: A MELLOR CABAZA
Os nenos e nenas do Equipo de Prensa eleximos entre todas as cabazas a que máis nos gustou. A gañadora era unha cabaza-araña, con tea e todo.
A Iria, a nena que a realizou, fixémoslle una entrevista.
_Como te chamas?
Iria Pérez Fernández
Iria Pérez Fernández
_De que curso es?
4ºB
4ºB
_Como se che ocorreu facer unha cabaza araña?
Porque todos os anos queriamos facer unha araña.
Porque todos os anos queriamos facer unha araña.
_Onde colliches a cabaza?
A tiña a miña avoa na horta
Si, a miña nai.
_Canto tempo che levou?
Moito tempo,unha tarde.
_Que materiais utilizaches para facer a tea de araña?
Uns ferriños e despois uns fíos de la.
_Onde o conseguiches?
Xa o tiña na casa.
_E a primeira vez que participas en exposición de Samaín?
Si.
_Que outras cabazas fixeches? ¿Para que?
Para a casa e regalar a avoa, fixen a bruxa e o morcego.
_Como a trouxeches ata aquí?¿Non foi moi difícil?
Un pouquiño, vin no autobús pero tiven moito coidado por si rompía.
_Parabéns por tan bo traballo.
Grazas por ter respondido a todas as preguntas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








