24/1/10

O MAGOSTO







O venres día 13 de novembro celebramos, por fin, o noso magosto, que fora aprazado por mor do mal tempo. Non choveu e, aínda que con vento forte, puidemos tomar as deliciosas castañas que nos preparou un castañeiro da zona. Antes de tomalas, entregáronse os premios aos debuxantes das portadas seleccionadas para os cancioneiros viaxeiros, que recibiron un libro. Noraboa aos gañadores e gañadoras! Desfrutade dos agasallos e compartide a súa lectura!

Aí van unhas cantas fotiños da festa...


















29/11/09

O SAMAÍN

Este outono celebramos, coma sempre o Samaín. O colexio quedou moi ben decorado grazas as cabazas que trouxéchedes e pasámolo de MEDO!
Aquí tendes unha mostra...







28/10/09

A ESCOLA FALA



Hoxe comeza esta blog a falar para todos e todas vós.
Vai tentar contarvos e amosarvos o que acontece e o que se fala no noso colexio, o C.E.P. Salustiano Rei Eiras da Pobra do Caramiñal. Tamén vai tentar escoitarvos e recoller as vosas achegas, para que entre todos poidamos facela e desfrutala. Espera, esta blog, ser unha voz que se escoite ben alta e clara e chegar a crecer tanto coma o fan os alumnos e alumnas que nela van traballar. GRAZAS POR ESTAR AÍ, PARTICIPANDO CON NÓS!