26/2/15

ENTROIDO

Decoráronse os dous edificios con motivos do Entroido elaborado polo alumnado.
Deuse información do Entroido en Galicia, en España e en distintos países, seguindo así o Proxecto
común “Navegando por Europa”.
Debido á choiva tivemos que suspender o pasacalles polas rúas de Pobra, e fixémolo no noso pavillón.
A temática foi“Os contos”.
Ao remate do desfile houbo unha degustación de alimentos típicos do Entroido no pavillón cuberto
que os nenos trouxeron das súas casas.
Cando terminamos a degustación houbo comparsas na que os nenos tocaron e cantaron en galego.

1/2/15

DÍA DA PAZ

Exposición na biblioteca de libros en galego relacionados coa paz.
"MURO DA PAZ":Nas entradas dos dous edificios, grande e pequeno, construimos entre todos un muro no que os ladrillos foron tetabriks de leite ou zume decorados con motivos alusivos á paz. Esta actividade foi feita polo alumnado en colaboración coas familias.

"CANCIÓNS NO PAVILLÓN". O Venres 30 de Xaneiro saímos ao pavillón cuberto a cantar as seguintes cancións alusivas á PAZ: • "Cantarela dos nenos"en galego, •"Friends will be friends" de "Queen" •"Por qué no ser amigos? De "Hombres G"en castelán.

"PARAUGAS PARA A PAZ". Baseándonos no proxecto artístico mundial liderado polo artista Matt
Lamb, cada aula pintou e decorou un paraugas. O día da Paz cada aula saíu desfilando co seu paraugas ata o pavillón cuberto.
Os paraugas están colocados nas entradas dos dous edificios.


20/1/15

NADAL

Decoráronse os dous edificios con árbores e postais de Nadal. As follas foron elaboradas polo alumnado na clase de Arts e as postais fíxoas o alumnado axudados polas familias.
Festival de Nadal no colexio con portas abertas para as familias.Decoración do festival cunha árbore
de Nadal e con dous calendarios de advento un da faciana do Apalpador cos desexos dos nenos e outro de Papá Noel. Algunhas das imaxes do festival son:



Destacar a obra de 5ºC relacionada coas palabras traballadas no mes de decembro e titulada “Regalamos Palabras”.


Silvia Rodríguez, titora de 5ºC elabora este bonito guión, co que o alumnado representou a obra “Regalamos palabras”. Foi todo un éxito. Ao remate da obra o alumnado de 5ºC agasallou palabras ao resto do alumnado. O vídeo realizouno Juan Ferreiro.
Este vídeo tamén pode verse no enlace  http://verbas.iespobra.gal/?portfolio=regalamos-palabras

Tamén colaboramos co equipo de medio ambiente para a elección e posterior entrega das tarxetas “Nadal Natural”. Os nenos fixeron debuxos relacionados coa natureza e co Nadal, escolleuse un gañador por nivel e logo cada neno levou unha tarxeta como felicitación de Nadal.

30/11/14

DÍA DA NON VIOLENCIA 2014

Este ano o Premio Novel da paz recae sobre Malala Yousafzai, polo que demos a coñecer aspectos
relevantes da súa vida e obra.
Decoráronse as entradas dos dous centros cun libro aberto co lema “ Un neno, un mestre, un lapis e un libro poden cambiar o mundo” e ao profesorado repartíronse lazos contra a violencia de Xénero para que o alumnado puidera ilustrar e logo puxéronse polo centro.


2/11/14

SAMAÍN

Decoráronse os dous centros con motivos do Samaín e Magosto.
Na biblioteca expuxéronse libros relacionados co Samaín e magosto.
Houbo unha exposición nos dous edificios de cabazas decoradas polo alumnado en colaboración coas familias.
Celebramos o Samaín co acendido das cabazas á entrada dos nenos á escola.
A ANPA foi a encargada de celebrar o Magosto, que por causas da chuvia tivo que facerse outro día no recreo.
Aquí tedes algunhas imaxes: 


30/9/14

Comezamos o curso 2014 - 2015

Comezamos este curso con novos proxectos e traballos cos que pretendemos que o alumnado, profesorado  e demais comunidade educativa aumenten a súa competencia lingüística en galego.





18/5/14

LETRAS GALEGAS e ROMARÍA 2014

Letras Galegas 2014 “Xosé Mª Díaz Castro”
- Decoramos as entradas dos dous centros:

Presentación da vida e obra de Xosé Mª Díaz Castro: caricatura, murais, ...
Elaboración de dous peregrinos a tamaño real e dun barco para sacar fotos. 



- “Arco da Vella” de Rosalía a Xosé Mª Díaz Castro. Añadimos a Xosé Mª Díaz Castro.


 Este curso nomeouse a aula de 6º A co nome de Xosé Mª Díaz Castro.



Romaría das Letras Galegas 2014


O venres 16 de maio tivo lugar no noso centro a ll Romaría das Letras Galegas. Na Romaría pasámolo moi ben, houbo diferentes actividades: actuación das pandereteiras que ensaiaron coa profe de música, taller de manualidades que organizou a ANPA, fotocall, xogos populares que organizaron os mestres de educación física, visionado da curta “Un Naúfrago no Salustiano” e visita aos postos: países do mundo,      posto de Xosé María Díaz Castro, posto do troco, posto de Nós mariñeiros de ÁMBAR, e postos de comida. 

Comezamos coas actuacións do alumnado dirixido pola profe Chus:


Os postos:


Visitamos os diferentes postos:


Xantamos na Romaría:


Estivemos amenizados polo grupo de Gaiteiros Barlovento:


Ata saímos no xornal: