Exposición na biblioteca de libros en galego relacionados coa paz.
"MURO DA PAZ":Nas entradas dos dous edificios, grande e pequeno, construimos entre todos un muro no que os ladrillos foron tetabriks de leite ou zume decorados con motivos alusivos á paz. Esta actividade foi feita polo alumnado en colaboración coas familias.
"CANCIÓNS NO PAVILLÓN". O Venres 30 de Xaneiro saímos ao pavillón cuberto a cantar as seguintes cancións alusivas á PAZ: • "Cantarela dos nenos"en galego, •"Friends will be friends" de "Queen" •"Por qué no ser amigos? De "Hombres G"en castelán.
"PARAUGAS PARA A PAZ". Baseándonos no proxecto artístico mundial liderado polo artista Matt
Lamb, cada aula pintou e decorou un paraugas. O día da Paz cada aula saíu desfilando co seu paraugas ata o pavillón cuberto.
Os paraugas están colocados nas entradas dos dous edificios.
1/2/15
20/1/15
NADAL
Decoráronse os dous edificios con árbores e postais de Nadal. As follas foron elaboradas polo alumnado na clase de Arts e as postais fíxoas o alumnado axudados polas familias.
Festival de Nadal no colexio con portas abertas para as familias.Decoración do festival cunha árbore
de Nadal e con dous calendarios de advento un da faciana do Apalpador cos desexos dos nenos e outro de Papá Noel. Algunhas das imaxes do festival son:
Destacar a obra de 5ºC relacionada coas palabras traballadas no mes de decembro e titulada “Regalamos Palabras”.
Silvia Rodríguez, titora de 5ºC elabora este bonito guión, co que o alumnado representou a obra “Regalamos palabras”. Foi todo un éxito. Ao remate da obra o alumnado de 5ºC agasallou palabras ao resto do alumnado. O vídeo realizouno Juan Ferreiro.
Este vídeo tamén pode verse no enlace http://verbas.iespobra.gal/?portfolio=regalamos-palabras
Tamén colaboramos co equipo de medio ambiente para a elección e posterior entrega das tarxetas “Nadal Natural”. Os nenos fixeron debuxos relacionados coa natureza e co Nadal, escolleuse un gañador por nivel e logo cada neno levou unha tarxeta como felicitación de Nadal.

30/11/14
DÍA DA NON VIOLENCIA 2014
Este ano o Premio Novel da paz recae sobre Malala Yousafzai, polo que demos a coñecer aspectos
relevantes da súa vida e obra.
Decoráronse as entradas dos dous centros cun libro aberto co lema “ Un neno, un mestre, un lapis e un libro poden cambiar o mundo” e ao profesorado repartíronse lazos contra a violencia de Xénero para que o alumnado puidera ilustrar e logo puxéronse polo centro.

2/11/14
SAMAÍN
Decoráronse os dous centros con motivos do Samaín e Magosto.
Na biblioteca expuxéronse libros relacionados co Samaín e magosto.
Na biblioteca expuxéronse libros relacionados co Samaín e magosto.
Houbo unha exposición nos dous edificios de cabazas decoradas polo alumnado en colaboración coas familias.
Celebramos o Samaín co acendido das cabazas á entrada dos nenos á escola.
A ANPA foi a encargada de celebrar o Magosto, que por causas da chuvia tivo que facerse outro día no recreo.
Aquí tedes algunhas imaxes:
Aquí tedes algunhas imaxes:
30/9/14
Comezamos o curso 2014 - 2015
Comezamos este curso con novos proxectos e traballos cos que pretendemos que o alumnado, profesorado e demais comunidade educativa aumenten a súa competencia lingüística en galego.
18/5/14
LETRAS GALEGAS e ROMARÍA 2014
-
Decoramos as entradas dos dous centros:
Presentación
da vida e obra de Xosé Mª Díaz Castro: caricatura, murais, ...
Elaboración de dous peregrinos a tamaño real e
dun barco para sacar fotos.
- “Arco
da Vella” de Rosalía a Xosé Mª Díaz Castro. Añadimos a Xosé Mª Díaz Castro.
Romaría das Letras Galegas 2014
Os postos:
O venres 16 de maio tivo lugar no noso centro a ll Romaría das Letras Galegas. Na Romaría pasámolo moi ben, houbo diferentes
actividades: actuación das pandereteiras que ensaiaron coa profe de música, taller
de manualidades que organizou a ANPA, fotocall, xogos populares que organizaron
os mestres de educación física, visionado da curta “Un Naúfrago no Salustiano”
e visita aos postos: países
do mundo, posto de Xosé María Díaz Castro, posto do troco, posto de Nós mariñeiros de ÁMBAR, e postos de comida.
Comezamos coas actuacións do alumnado dirixido pola profe Chus:
Comezamos coas actuacións do alumnado dirixido pola profe Chus:
Os postos:
4/4/14
Entroido
Este ano o entroido xira entorno ao proxecto común do cole "Navegando por un mundo de emocións", e como non, decoramos o cole con caretas do mundo, co lema "Entroido do Mundo" sendo este o resultado.
Este ano disfrazámonos 1º de Chinos, 2º de Exipcios, 3º de Indios, 4º de Mexicanos,5º de Africanos e 6º de Hindús. Pasámolo moi ben. Primeiro fixemos un pasacalles por Pobra e cando chegamos ao cole tivemos degustación de doces típicos do entroido,e este foi o resultado:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)