18/5/13

PRIMEIRA ROMARIA DAS LETRAS GALEGAS !!!!



        NO 2013,  ano de  ROBERTO VIDAL BOLAÑO  e 150 aniversario  de "Cantares Galegos"

obra de ROSALÍA DE CASTRO,  O Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  a Coordinadora de

Extraescolares, a ANPA, pais, nais, mestres,... quixeron  que a conmemoración do DÍA DAS LETRAS

GALEGAS  fose moi especial para toda a comunidade educativa do CEP Salustiano Rey Eiras, polo que

organizaron a  ROMERÍA DAS LETRAS.

Foi un día moi especial...

Aquí temos un enlace para ver algunhas fotos, da romería  e algún dos videos: interpretación do himno galego,  pandereteiras e como ía faltar... a poesía de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes".

Tamén atoparedes  imaxes da preparación da romería, da  súa decoración, postos, tendas, as fotos que fixeron os nenos e nenas do cole no obradoiro de fotografía (gaiteiros e romeiros) e moitas ... sorpresas!!!


Enlace ao obradoiro de fotografía. (fotos das caras dos nenos)


    


A ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS foi unha actividade que se celebrou por primeira vez no CEP Salustiano Rey Eiras. Era moita a ilusión e dedicación que  requería, pero o noso obxectivo era acercar a cultura galega e o folklore a escola, polo que nos puxemos a traballar.


                         
               

 Tod@s preparaban o seu posto, tenda, obradoiro... con gran esmero.


                   


O 16 de maio foi o día elexido para a celebración deste evento e así se anunciaba...


O programa estaba moi completo: a primeira hora había actuacións (recitado da poesía de Rosalía de

Castro "Adiós ríos,adiós fontes", pandereteiras "O Pirimpinpin", Himno galego,... logo pasaríamos a xogos

populares, visita a feira, obradoiros, globoflexía,... pero o mal estado do tempo impediu que se celebrasen

os xogos populares. Pero a pesar da choiva... a máxia e a ilusión de toda a comunidade educativa fixo que

fose un día inesquecible!!!


 
    
       
Tamén  viñeron os mariñeiros a ensinarnos as súas artes... mirade que chuli está o posto, como se esmeraron na súa decoración os nosos profes.
 Cadro mariñeiro 
Como traballan os mariñeiros... 
            
Así se fía!!!                                                               
 Non podìan faltar as nosas nenas do cole facendo as fermosas pulaseiras!!!!!

      
       Asociación Ambar con cestería e encadernación.



ASI O PASARON DE BEN EN GLOBOFLEXÍA!!!
 Despois de visitar e disfrutar das actividades e obradoiros ...  Todos e todas a merendar !!!!
       








E non podían faltar os GAITEIROS!!! que estiveron con todos  e  tamén na despedida do día da ROMÉRÍA!!!




Eh... ata o vindeiro ano!!!!
AGRADECEMENTO A TODOS OS QUE NOS PRESTASTES A VOSA AXUDA.
                                                                                                            EDLG (2012-2013).
 

19/3/13

GLOGSTER

FACIANAS DAS LETRAS GALEGAS
FACIANAS DAS LETRAS GALEGAS 1963-2000

FACIANAS DAS LETRAS GALEGAS 2001-2013

O Equipo de dinamización da Lingua Galega quixo recoller algo máis sobre as Letras... Deste xeito elaboramos un Glogster onde se irá colgando todos os traballos recollidos e elaborados sobre as distintas facianas do Día das letras Galegas.Tamén iremos colgando distintos traballos dos nenos/as, mestres/as,...
cómics, actividades edulim, presentacións power point,...

Esperamos que vos guste!!!!

20/2/13

E AGORA... O ENTROIDO!!!!

    Non pudo faltar no noso cole a celebración desta festa tan popular,   "O Entroido".
Coma en todos os eventos, nas entradas dos edificios está a pantalla anunciando a festa!!!

    


         Decoráronse as entradas dos dous edificios con moito  agarimo e entusiasmo!!!!



 O alumnado ademais de traballar nas unidades didácticas referentes ao entroido,
  tamen diseñaron os seus antifaces.
  Estaban así de guapos!!!!

                            z        

                                              O día que se celebrou o entroido no cole,
                                              todos e todas se disfrazaron...


      

                         AS FAMILIAS COMA SEMPRE ... A COLABORAR.
                         ESTA VEZ,  COCIÑARON SEN PARAR...

                                            COMO PARA NON  PICOTEAR!!!!

            COMERON A FARTAR!!!

19/2/13

DIA DA PAZ

                                                  DIA DA PAZ E NON  VIOLENCIA ESCOLAR

Esta bóla do mundo quixo xuntar a todo o alumnado de Bandaseca para celebrar esta data "30 de xaneiro".

                                                            
Todos os nenos e nenas do cole xunto aos seus profesores, profesoras e persoal non docente do centro xuntaronse para celebrar: así o fixeron cantando en inglés e galego, ademais de decorar esta gran bóla.


TODOS E TODAS PARTICIPARON!!!!
FOI MOI GRATIFICANTE ... CANTARON EN INGLÉS E GALEGO.


CHEGA O NADAL DO 2012



Este ano, coma tantos outros, celebramos o nadal en Bandaseca. Non faltaron os adornos navideños, as distintas actividades para a recuperación da figura do Apalpador, panxoliñas en galego, festival onde participaron nenos, nenas, pais, nais, profesores, ... toda a comunidade educativa.



                               

                                  

VIRON VIDEOS SOBRE O APALPADOR, ademais de traballar sobre os seus contos e historias.

TODOS E TODAS O PASARON XENIAL!!!!




TAMÉN CANTARON PANXOLIÑAS OS PAIS, AS NAIS  E OS PROFES!!!

 

Os nenos e nenas participaron no concurso "Nadal natural", onde debuxaban e escribían un lema en galego sobre a conservación do medio natural, para felicitar as familias e demais centros da comarca.


A ANPA tamén colaborou na decoración do centro e organizou un concurso de manualidades.