25/12/10

O EQUIPO DE PRENSA NA BIBLIOTECA




O 5-11-10, o equipo de prensa foi ver como a vaca Pepa contou contos aos nen@s de primeiro. Estiveron intrigados e pasmados. Cando a vaca lles dixo que ía a contar unha historia espeluznante todos comezaron a berrar e a berrar. A vaca Pepa doulles un susto a todos. 

22/12/10

NADAL NATURAL 2010

Os equipos de Medio Ambiente e Dinamización da Lingua Galega organizaron o concurso do Nadal Natural "cartel e lema".
Participaron nenos e nenas de todos os ciclos facendo un debuxo para sensibilizar do coidado ao medio ambiente e escribindo un lema aluxivo ao debuxo.
Os debuxos espuxéronse nos taboleiros do colexio e foron votados por todos os nenos e nenas, dos lemas que entregaron elexiuse o do cartel.
Entre os gañadores seleccionuse o cartel e as felicitacións do Nadal para cada ciclo.

CARTEL
                                 FELICITACIÓN 1º CICLO                              
 FELICITACIÓN 2º CICLO
 FELICITACIÓN 3º CICLO



Outros debuxos dos máis votados.









8/12/10

O SAMAÍN: A MELLOR CABAZA

 
Os nenos e nenas do Equipo de Prensa  eleximos entre todas as cabazas  a que máis nos gustou.  A gañadora  era unha cabaza-araña, con tea e todo.

A Iria, a nena que a realizou, fixémoslle una entrevista.
_Como te chamas?
   Iria Pérez Fernández
_De que curso es?
  4ºB
_Como se che ocorreu facer unha cabaza araña?
 Porque todos os anos queriamos facer unha araña.


_Onde colliches a cabaza?
    A tiña a miña avoa na horta

_Axudouche alguén a facela? Quen?

 Si, a miña nai.


_Canto tempo che levou?


   Moito tempo,unha tarde.




_Que materiais utilizaches para facer a tea de araña?


   Uns ferriños e despois uns fíos de la.


_Onde o conseguiches?


  Xa o tiña na casa.


_E a primeira vez que participas en exposición de Samaín?


   Si.

 
_Que outras cabazas fixeches? ¿Para que?


  Para a casa e regalar a avoa, fixen a bruxa e o morcego.



_Como a trouxeches ata aquí?¿Non foi moi difícil?


  Un pouquiño, vin no autobús pero tiven moito coidado por si rompía.


_Parabéns por tan bo traballo.


 Grazas por ter respondido a todas as preguntas.


O SAMAÍN: OS DISFRACES

 



                                                                 
O pasado venres 29 de outubro,todos os nenos e nenas do primeiro ciclo disfrazáronse para celebrar o Samaín.

Que medo dan!!


Ese día, ademais, a maioría dos cursos do colexio fomos pedir polas clases caramelos cantando unha canción en inglés
Treack or treat



Treack or treat

Give me something

Sweet to eat

Give me candy

And a apple too

And I want play

A trick on you!

E interesante observar que o Halloween e o Samaín teñen unha raíz común. As dúas nos veñen dos celtas. 

O SAMAÍN: EXPOSICIÓN


A última semana de novembro celebramos o Samaín no Salustiano. Os rapaces e rapazas do Equipo de Prensa fixeron un bo traballo.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS












Fomos moit@s @s nen@s

que trouxemos da casa

                                 cabazas moi traballadas coas 

                                que fixemos  unha exposición
                         
                                 moi divertida.
 
A algunhas ata se lles
 puxeron os pelos de punta.

Como vedes, había cabazas
que daban moito medo.

 
                               

















3/12/10

CREAMOS UN EQUIPO DE PRENSA

Neste curso que comeza o equipo de Dinamización da Lingua Galega creou cos alumn@s de 6º curso un grupo de prensa que vos vai informar das diversas actividades que se desenvolvan no colexio .

Ademais da súa labor informativa tamén van levar a cabo un traballo de investigación, polo que vos animamos a participar con eles sempre que vos demanden a vosa axuda.

Todos os seus traballos van ser recollidos nas páxinas deste blog, nas cales podedes facer calquera tipo de comentario e mesmo calquera suxerencia que queirades aportar.

Desexamos que apoiedes este proxecto coa vosa participación activa no blog.

 

CONTAMOS CONVOSCO!!!

Atentamente,

 

Equipo D.L.G.