27/5/13

ARCO DA VELLA E DAS FACIANAS GALEGAS

Dende 1963 ata 3013 un percorrido polo arco da Letras... celebramos o 50 aniversario das facianas homenaxeadas polo Día das Letras Galegas.


18/5/13

PRIMEIRA ROMARIA DAS LETRAS GALEGAS !!!!



        NO 2013,  ano de  ROBERTO VIDAL BOLAÑO  e 150 aniversario  de "Cantares Galegos"

obra de ROSALÍA DE CASTRO,  O Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  a Coordinadora de

Extraescolares, a ANPA, pais, nais, mestres,... quixeron  que a conmemoración do DÍA DAS LETRAS

GALEGAS  fose moi especial para toda a comunidade educativa do CEP Salustiano Rey Eiras, polo que

organizaron a  ROMERÍA DAS LETRAS.

Foi un día moi especial...

Aquí temos un enlace para ver algunhas fotos, da romería  e algún dos videos: interpretación do himno galego,  pandereteiras e como ía faltar... a poesía de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes".

Tamén atoparedes  imaxes da preparación da romería, da  súa decoración, postos, tendas, as fotos que fixeron os nenos e nenas do cole no obradoiro de fotografía (gaiteiros e romeiros) e moitas ... sorpresas!!!


Enlace ao obradoiro de fotografía. (fotos das caras dos nenos)


    


A ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS foi unha actividade que se celebrou por primeira vez no CEP Salustiano Rey Eiras. Era moita a ilusión e dedicación que  requería, pero o noso obxectivo era acercar a cultura galega e o folklore a escola, polo que nos puxemos a traballar.


                         
               

 Tod@s preparaban o seu posto, tenda, obradoiro... con gran esmero.


                   


O 16 de maio foi o día elexido para a celebración deste evento e así se anunciaba...


O programa estaba moi completo: a primeira hora había actuacións (recitado da poesía de Rosalía de

Castro "Adiós ríos,adiós fontes", pandereteiras "O Pirimpinpin", Himno galego,... logo pasaríamos a xogos

populares, visita a feira, obradoiros, globoflexía,... pero o mal estado do tempo impediu que se celebrasen

os xogos populares. Pero a pesar da choiva... a máxia e a ilusión de toda a comunidade educativa fixo que

fose un día inesquecible!!!


 
    
       
Tamén  viñeron os mariñeiros a ensinarnos as súas artes... mirade que chuli está o posto, como se esmeraron na súa decoración os nosos profes.
 Cadro mariñeiro 
Como traballan os mariñeiros... 
            
Así se fía!!!                                                               
 Non podìan faltar as nosas nenas do cole facendo as fermosas pulaseiras!!!!!

      
       Asociación Ambar con cestería e encadernación.



ASI O PASARON DE BEN EN GLOBOFLEXÍA!!!
 Despois de visitar e disfrutar das actividades e obradoiros ...  Todos e todas a merendar !!!!
       








E non podían faltar os GAITEIROS!!! que estiveron con todos  e  tamén na despedida do día da ROMÉRÍA!!!




Eh... ata o vindeiro ano!!!!
AGRADECEMENTO A TODOS OS QUE NOS PRESTASTES A VOSA AXUDA.
                                                                                                            EDLG (2012-2013).