NO
2013, ano de
ROBERTO VIDAL BOLAÑO e
150 aniversario de
"Cantares Galegos"
obra de
ROSALÍA DE CASTRO, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Coordinadora de
Extraescolares, a ANPA, pais, nais, mestres,... quixeron que a conmemoración do DÍA DAS LETRAS
GALEGAS fose moi especial para toda a comunidade educativa do CEP Salustiano Rey Eiras, polo que
organizaron a
ROMERÍA DAS LETRAS.
Foi un día moi especial...
Aquí temos un enlace para ver algunhas
fotos, da romería e algún dos videos: interpretación do himno galego, pandereteiras e como ía faltar... a poesía de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes".
Tamén atoparedes imaxes da preparación da romería, da súa decoración, postos, tendas, as fotos que fixeron os nenos e nenas do cole no obradoiro de fotografía (gaiteiros e romeiros) e moitas ... sorpresas!!!
Enlace ao obradoiro de fotografía. (fotos das caras dos nenos)
A ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS foi unha actividade que se celebrou por primeira vez no CEP Salustiano Rey Eiras. Era moita a ilusión e dedicación que requería, pero o noso obxectivo era acercar a cultura galega e o folklore a escola, polo que nos puxemos a traballar.
Tod@s preparaban o seu posto, tenda, obradoiro... con gran esmero.
O 16 de maio foi o día elexido para a celebración deste evento e así se anunciaba...
O programa estaba moi completo: a primeira hora había actuacións (recitado da poesía de Rosalía de
Castro "Adiós ríos,adiós fontes", pandereteiras "O Pirimpinpin", Himno galego,... logo pasaríamos a xogos
populares, visita a feira, obradoiros, globoflexía,... pero o mal estado do tempo impediu que se celebrasen
os xogos populares. Pero a pesar da choiva... a máxia e a ilusión de toda a comunidade educativa fixo que
fose un día inesquecible!!!
Tamén viñeron os mariñeiros a ensinarnos as súas artes... mirade que chuli está o posto, como se esmeraron na súa decoración os nosos profes.
|
Cadro mariñeiro |
|
Como traballan os mariñeiros... |
|
Así se fía!!! |
Non podìan faltar as nosas nenas do cole facendo as fermosas pulaseiras!!!!!
Asociación Ambar con cestería e encadernación.
ASI O PASARON DE BEN EN GLOBOFLEXÍA!!!
Despois de visitar e disfrutar das actividades e obradoiros ... Todos e todas a merendar !!!!
E non podían faltar os GAITEIROS!!! que estiveron con todos e tamén na despedida do día da ROMÉRÍA!!!
Eh... ata o vindeiro ano!!!!
AGRADECEMENTO A TODOS OS QUE NOS PRESTASTES A VOSA AXUDA.
EDLG (2012-2013).