31/1/11
O EQUIPO DE PRENSA NO FESTIVAL DE NADAL
Despois de comer un delicioso roscón nas clases, os nen@s de 1º,2º,3º,5ºA e 6ºB participaron nun festival que se celebrou no ximnasio cantando panxoliñas e que foi presentado por un neno e unha nena do equipo de prensa de 6ºB.
O EQUIPO DE PRENSA NO NADAL
Todos os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria entregan a súa carta ao paxe.
DOUS NEN@S DE 6ºC FIXERON UNHA ENTREVISTA AO PAXE.
PREGUNTÁRONLLE:
NENO: Gústache repartir agasallos?
PAXE: Eu non reparto agasallos quen os reparte son os Reis Magos.
NENO: Que é o que máis che sorprende dos nen@s?
PAXE: O que máis me sorprende é o entusiasmo que teñen.
NENO: Cómo se portaron hoxe os nen@s?
PAXE: Os nen@s pórtaronse moi, moi ben.
NENO: Cómo son os Reis?
PAXE: Son moi simpáticos.
NENO: Os Reis leen todas as cartas?
PAXE: Si leen todas todas unha a unha para que todos reciban os seus agasallos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)