27/6/11

APADRIÑAMENTO LECTOR

O equipo de prensa foi testigo dun proxecto que se chama apadriñamento lector. Trátase que os maiores lean contos aos pequenos. Teñen unha tarxeta ca foto do padriñ@ e do afillad@. Esto serve para que os pequenos se animen a ler e os maiores practiquen a lectura e dean exemplo. O apadriñamento realizouse ao longo do curso en diferentes luns polo tarde sendo o último luns o remate final no que todos os padriñ@s e afillad@s do cole saen ao patio a ler. Todo un éxito. Noraboa lectores!!


                                        
                                         Os nen@s de 4º apadriñaron aos nen@s de 1º.


                                         Os nen@s de 5º apadriñaron aos nen@s de 2º

            
                                         Os nen@s de 6º apadriñaron aos nen@s de 3º

                                           
                                         Todos os padriñ@s e afillad@s xuntos.

19/5/11

EQUIPO DE PRENSA NO ENTROIDO

Coma sempre profes e alumn@s fomos disfrazad@s nestre Entroido 2011. O tema foi xogos de mesa. Os disfraces foron moi variados: twister, dominó, parchís,  damas, palillos chinos, cartas e o xogo de quen é quen?.
Desfilamos polas rúas da  Pobra e cando volvemos ao colexio pudemos disfrutar dos bailes feitos polos alumn@s. Tamén degustamos  postres típicos do entroido feitos polos pais/nais: orellas,rosquillas,filloas
flores... Tamén representaron  o xogo das damas  bailaron e cantaron. Un día moi divertido!























23/2/11

EDUCACIÓN DEPORTE E VALORES

O venres 18 de febreiro inaugurouse a exposición "Educación, Deporte e Valores". Asistiron os secretarios xerais para o deporte, José Ramón Lete, e de Politica Lingüística Anxo M. Lorenzo Suarez.
O equipo de prensa do colexio, fixo unha ampla reportaxe fotográfica.

Fotos: https://picasaweb.google.com/jdelgadomarco/Deporte02#

7/2/11

SAÍMOS NA VOZ DE GALICIA

Coa conmemoración do día da PAZ e NON VIOLENCIA ESCOLAR o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animou a que o alumnado participara expresando os seus desexos e reflexións, en forma de carta, poesía,...
Posteriormente publicaronse na prensa. Dende aquí queremos agradecer a participación de todos os que o fixeron posible e o apoio do xornal que publicou os traballos. 

    Grazas a todos e seguide intentando que a paz sexa máis que bos desexos!



31/1/11

O EQUIPO DE PRENSA NO FESTIVAL DE NADAL


Despois de comer un delicioso roscón nas clases, os nen@s de 1º,2º,3º,5ºA e 6ºB participaron nun festival que se celebrou no ximnasio cantando panxoliñas e que foi presentado por un neno e unha nena do equipo de prensa de 6ºB.

O EQUIPO DE PRENSA NO NADAL


                               Todos os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria entregan a súa carta ao paxe.

                      DOUS NEN@S DE 6ºC FIXERON UNHA ENTREVISTA AO PAXE.

                      PREGUNTÁRONLLE:

                     NENO:  Gústache repartir agasallos?

                     PAXE:   Eu non reparto agasallos quen os reparte son os Reis Magos.

                     NENO: Que é o que máis che sorprende dos nen@s?

                     PAXE:   O que máis me sorprende é o entusiasmo que teñen.
     
                     NENO:  Cómo se portaron hoxe os nen@s?

                     PAXE:  Os nen@s pórtaronse moi, moi ben.

                     NENO: Cómo son os Reis?

                     PAXE: Son moi simpáticos.

                     NENO: Os Reis leen todas as cartas?

                    PAXE: Si leen todas todas unha a unha para que todos reciban os seus agasallos.

NO SALUSTIANO CONSTRUÍMOS A PAZ