A ESCOLA FALA
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do C.E.P. Salustiano Rey EiraS
1/6/15
UNHA LINGUA CHEA DE PALABRAS
Este curso 2014-2015 o CEP Salustiano Rey Eiras xunto co IES da Pobra do Caramiñal levou a cabo o proxecto Unha lingua Chea de Palabras e que resultou premiado por EduBarrié. Todo o material elaborado polos dous centros podedes atopalo no seguinte enlace:
18/5/15
Premio concurso - exposición autor homenaxeado nas Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde
Este curso, as integrantes do EDLG e outro profesorado decidimos presentarnos ao concurso-exposición do autor homenaxeado nas Letras Galegas Xosé Fernando Filgueira Valverde. O material elaborado foi unha guía didáctica e 10 carteis sobre a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde e que denominamos "Traballando co Vello profesor". O noso traballo resultou gañador e foi publicado pola Xunta e distribuido polos centros.
Para ver a guía e os 10 carteis pincha en cadansúa imaxe:

O venres 15 de maio, coincidindo coa celebración da Romaría das Letras Galegas, tivemos o acto
de entrega do premio. Na mesa presidencial sentáronse entre outros José Delgado Marco (o noso director), o Conselleiro de educación, o Secretario Xeral de Política Lingüística e Xulia Marqués. O noso alumnado participou do seguinte xeito:

- Alumnado de 5ºC: Representou “O ben dos pobres” de Quintana Viva.
- Alumnado de 6ºB: RAP de Os Maios.
- Alumnado de 4º: Himno galego cantado.
- Alumnado de 1º e2º: Canción 4 de “Cancións de Mar in modo antico”.
- Todo o alumnado: O galo canta e himno galego tocado con frauta.
Achegamos o enlace coa publicación pola Xunta da entrega do premio.
Nesta páxina atoparedes información sobre Xosé Filgueira Valverde e outros homenaxeados.
Noticia da festa no Correo Galego e na TVG.
O cartel "O vello prefesor" estará nas bolsas so supermercado Esroski.
30/3/15
VISITA ALUMNADO ERASMUS+ DO IES POBRA
O alumnado de Erasmus+ do IES da Pobra do Caramiñal, veu ao colexio para contar as súas experiencias nas súas viaxes por países de Europa. O noso alumnado estivo moi atento e participativo. Antes de marchar démoslles un agasallo, un estoxo con 14 rotuladores de diferentes cores.
26/2/15
ENTROIDO
Decoráronse os dous edificios con motivos do Entroido elaborado polo alumnado.
Deuse información do Entroido en Galicia, en España e en distintos países, seguindo así o Proxecto
común “Navegando por Europa”.
Debido á choiva tivemos que suspender o pasacalles polas rúas de Pobra, e fixémolo no noso pavillón.
A temática foi“Os contos”.
Ao remate do desfile houbo unha degustación de alimentos típicos do Entroido no pavillón cuberto
que os nenos trouxeron das súas casas.
Cando terminamos a degustación houbo comparsas na que os nenos tocaron e cantaron en galego.

1/2/15
DÍA DA PAZ
Exposición na biblioteca de libros en galego relacionados coa paz.
"MURO DA PAZ":Nas entradas dos dous edificios, grande e pequeno, construimos entre todos un muro no que os ladrillos foron tetabriks de leite ou zume decorados con motivos alusivos á paz. Esta actividade foi feita polo alumnado en colaboración coas familias.
"CANCIÓNS NO PAVILLÓN". O Venres 30 de Xaneiro saímos ao pavillón cuberto a cantar as seguintes cancións alusivas á PAZ: • "Cantarela dos nenos"en galego, •"Friends will be friends" de "Queen" •"Por qué no ser amigos? De "Hombres G"en castelán.
"PARAUGAS PARA A PAZ". Baseándonos no proxecto artístico mundial liderado polo artista Matt
Lamb, cada aula pintou e decorou un paraugas. O día da Paz cada aula saíu desfilando co seu paraugas ata o pavillón cuberto.
Os paraugas están colocados nas entradas dos dous edificios.

20/1/15
NADAL
Decoráronse os dous edificios con árbores e postais de Nadal. As follas foron elaboradas polo alumnado na clase de Arts e as postais fíxoas o alumnado axudados polas familias.
Festival de Nadal no colexio con portas abertas para as familias.Decoración do festival cunha árbore
de Nadal e con dous calendarios de advento un da faciana do Apalpador cos desexos dos nenos e outro de Papá Noel. Algunhas das imaxes do festival son:
Destacar a obra de 5ºC relacionada coas palabras traballadas no mes de decembro e titulada “Regalamos Palabras”.
Silvia Rodríguez, titora de 5ºC elabora este bonito guión, co que o alumnado representou a obra “Regalamos palabras”. Foi todo un éxito. Ao remate da obra o alumnado de 5ºC agasallou palabras ao resto do alumnado. O vídeo realizouno Juan Ferreiro.
Este vídeo tamén pode verse no enlace http://verbas.iespobra.gal/?portfolio=regalamos-palabras
Tamén colaboramos co equipo de medio ambiente para a elección e posterior entrega das tarxetas “Nadal Natural”. Os nenos fixeron debuxos relacionados coa natureza e co Nadal, escolleuse un gañador por nivel e logo cada neno levou unha tarxeta como felicitación de Nadal.

30/11/14
DÍA DA NON VIOLENCIA 2014
Este ano o Premio Novel da paz recae sobre Malala Yousafzai, polo que demos a coñecer aspectos
relevantes da súa vida e obra.
Decoráronse as entradas dos dous centros cun libro aberto co lema “ Un neno, un mestre, un lapis e un libro poden cambiar o mundo” e ao profesorado repartíronse lazos contra a violencia de Xénero para que o alumnado puidera ilustrar e logo puxéronse polo centro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)